Hordas do Leste

Hordas do Leste

ARDORA somos unha banda con influencias do rock and roll mais o heavy metal, incluindo  algunha que outra reminiscencia ó metal mais extremo, posto que sempre estamos abertos á  innovación e a mestura de diferentes vertentes do metal, caracterizándonos pola plasticidade  derivada da ampla variedade de gustos musicais que compartimos os seus compoñentes. 

As nosas cancións tratan temas moi diversos nos que predomina a crítica social, a ecoloxía e a  defensa do medio ambiente, o feminismo, a desigualdade social, a liberdade individual,  antibelicismo, rexeitamento de totalitarismos, de fanatismos, de extremismos, de sectarismos etc, e  por suposto o amor ó mar, a nosa terra, a nosa idiosincrasia característica como pobo. Todo isto  tratado sempre dende o respeto e a tolerancia con algunha que outra nota de humor e parodia e por  suposto en lingua galega

Os nosos directos, son divertidos e informais, procurando a participación do público en todo  momento, animándoo a corear os temas sen perder un ápice de son compacto, equilibrado e  impactante. A nosa proposta musical está cargada de forza, entusiasmo e moita enerxía. 

O noso son, componse de guitarras épicas, veloces e desgarradoras por uns momentos, melódicas e  rítmicas por outros momentos, no que a potencia do bombo con algún que outro ritmo inspirado na  música de raíz, mais a elegancia do baixo, acompañan en armonía ás nosas cancións  complementándose enriquecedoramente coa potencia e a melodía da voz principal, e dos moitos  coros e retrouxos directos e pegañentos que conteñen as nosas cancións.