16 Mar Pandeirada da Lingua
Carlos Yus é membro da compañía profesional de teatro “Migallas Teatro” de Pontevedra desde hai 34 anos. Gravou dous álbums dirixidos a público familiar: “Canta connosco!” e “Pan de millo” e un disco dirixido a público xuvenil e adulto : “Zaragallada”.
Nas funcións de teatro, as cancións de autor sempre constitúen unha parte fundamental do espectáculo.
Alén das funcións teatrais, formou dous grupos musicais: “Banda Migallas” e “Banda Zaragallada”, con músicos de recoñecido prestixio no eido musical como Xaquín Xesteira, Anxo Xesteira, Borja García e Isi Baúlo, entre outros.