Globalización

Globalización

Cuarta Xusta nace en Melide en xaneiro de 2016, grazas ao Presumo de galego (festival organizado no Pub Gatos a través do IES de Melide) , o nome debese a un intervalo musical xa que nun principio eramos catro persoas que tiñamos en común simplemente a música.
Tras unha curta andaina en acústico formalizamos o proxecto en eléctrico coa presentación do primeiro CD autoproducido, en Marzo de 2017, que conta con 8 temas propios da banda nos cales tivemos diversas colaboracións de distintos artistas do panorama galego e o cal paseamos por toda a xeografía galega con mais de un cento de concertos, dándonos así a oportunidade de actuar en diversas salas , concellos e festivais da nosa terra.
Con dito traballo tamén tivemos a sorte de participar en varios concursos de bandas acadando o podio tres anos consecutivos no Cantalingua, dous no primeiro posto e un no segundo. Da mesma forma saímos nominadas na votación popular dos premios Martín Codax da Música.
Actualmente a banda está inmersa no segundo traballo discográfico tamén autoproducido que verá a luz no ano 2023 que unha vez mais estará composto por temas inéditos e propios da banda.
A formación da banda variou un par de veces dende o comezo, e actualmente está formada por :
~ Lúa Aguete Naveira -Batería
~Laura Romero- Baixo
~Alberto García (Friufe) – Guitarra e voz
~Marta María Sánchez Villarabide- Violín, guitarra e voz
~Aida López Costa- Voz principal