Gate3

Gate3

Desde Brión chega este power trío de blues – rock, formado por Gerardo Otero (batería), Carlos Uriarte (guitarra) e Fran Rei (baixo), cun repertorio amplo que mestura versións de temas populares de tradición norteamericana – counytry, blues e rock – e media ducia de temas propios cantados en galego.

Versións de artistas tan variados como Franco Batiatto, Charles Mingus, Johnny Cash, Luis Aguilé ou Bobby Hebb mestúranse con temas propios, entre os que destacan títulos como Sunday Blues, Number One ou Ruta 66, nun recital cheo de enerxía.