15 Mar Televisión
Exeria é unha banda de románticos namorados das guitarras distorsionadas e as grandes melodías. Formado por músicos con ampla experiencia en proxectos de todo tipo, que apostan por traballar en galego. O seu debut no escenario prodúcese a mediados do seguinte ano, e rapidamente comezan a aflorar novas actuacións que os levaran a diversos puntos do sur da Galicia. Pronto métense no estudio a rexistrar “Un novo nome” e mais tarde “Ata que sexamos reis”. Os concertos proseguen e o seguinte ano gañan o concurso de bandas do Trece Roeis Fest ante outras 6 bandas nunha final en directo. Un meses mais tarde foron escollidos para formar parte das “Sesións de sobremesa”, un formato acústico e en directo, onde a contundencia da batería vese substituída pola sutileza das percusións, as guitarras acústicas enchen o ambiente de e as harmonías destacan no ámbito vocal.
O seu primeiro traballo cun peso maior é un Ep de 5 temas chamado “Sobre a independencia”(2024) no que alternan temas experimentais ou ambientais con retrousos épicos. Preséntano cunha xira na que darán mais de 20 concertos por toda Galicia, tocando en festas, salas, festivais e todo tipo de locais. Neste ano 2025 seguen facendo o que mais lles gusta, que e compartir os seus temas co publico, alternando formato acústico e eléctrico. Editan “Como Xudas” e “Moderado, moderado”, temas opostos que dan conta da versatilidade da banda e falan da amplitude da proposta. O seu ultimo traballo “Televisión” lévanos o mundo absurdo da caixa tonta. Pechan ano cun concerto no Sisons Fest na Sala Capitol, abrindo para De Ninghures.