Doen

Doen

DOEN é un grupo de rock/metal alternativo (por poñer algunha etiqueta) da zona da Arousa, que a pesar de ter un corto percorrido, conta con músicos cunha longa traxectoria no mundo da música galega (BORDERLINE79, Fungo, La4Pared, Neuroband, Noite Fechada, Quilma, Treboada, …).

Este proxecto naceu grazas a Víctor Karallada e Manuel Seixas, o cal sempre será o sexto membro da banda. Ao xuntarse estes dous elementos, decidiron contar con Nico Leal á batería (xa compañeiro na Neuroband de Manuel Seixas) e Borja Torrado ao baixo (Ex-alumno de Manuel e coñecido de Víctor). Neste momento fixeron os 4 temas que incluirían na súa primeira maqueta alá polo 2015. Uns meses antes contaron ca baixa de Manuel por motivos persoais, que foi suplida por Matías Leiro, xa coñecido por algúns dos doentes. Na maqueta contan con letras de Manuel Seixas e incluso unha pequena colaboración no tema “Son Feliz”. Nestes 4 temas podemos ver como DOEN intenta facer algo novo e fresco, querendo romper cos estándares da música galega.