Diva e Bluesmanciño

Diva e Bluesmanciño

Blues do país somos Bieitta James, a grande Diva Rural (Iseo Agilda) e Pepe King, o Bluesmanciño que a acompaña (Brais das Hortas). Xuntos versionamos clásicos do Blues, Soul, Rhythm’n’Blues… e adaptámolos á idiosincrasia e retranca galegas. E dá gusto! Si, señora! Blues en galego! Otis Redding no peirao da Coruña, ou Etta James mariscando en Cabo da Crus, B.B. King nun furancho en Redondela ou Eric Clapton lendo a Castelao…

Todo iso é posible con Blues do País.

Música de calidade, en galego, misturada con teatro, clown e improvisación. Enerxía e entrega total en cada directo e unha discografía coidada no breve percorrido deste dúo galaico-mississipeño.