15 Mar Cruzei Mares
Biografia:
Berlai é o proxecto musical creado por Xiao Berlai. Un proxecto baseado nunha música sen complexos que bebe directamente da tradición galega, do indie-pop, do rock e da música electrónica.
As letras das cancións nacen como imaxes obsesivas do universo galego: onde as berzas son urbanas, ou o millo necesita cintas de balizamento policial.
Berlai é música rururbana, como consecuencia lóxica á música post-bravu, e asi se transmite nos dous discos de Berlai: Desconhecido e Cas Berlai.
A Banda:
Xiao Berlai: Voz, guitarra e mandolina.
Iago Mourinho: Teclados.
Bruno Couceiro: Batería.
Pablo Sanmamed: Baixo eléctrico.