05 Mar O porvir é meu
Fran Amil, que formou parte do nacemento do Rock Bravú como batería de grupos como Os Papaqueixos, Diplomáticos de Monte Alto ou Ruxe Ruxe, entre outros moitos, ten un grupo de música para xente nova (e familias con espíritu rockeiro) chamado Chuches Amil.
Chuches Amil é un proxecto que tenta abrir as mentes á imaxinación, a través das músicas contemporáneas como o Pop, o Funk ou o Folk-rock.
Para o Cantalingua 2024 trae a canción O porvir é meu. Porque o Porvir é de todas e todos nós. E que rabeen os repunantes…