
24 Feb Choripán
Sniff & Crash formouse nalgún punto entre Vigo e Gondomar no ano 2016. Desde entón veñen gravando cancións como Choripán, Capacho ou Faneca que, a priori, semellan cancións infantís pero, a posteriori, son dunha madurez intelectual incomparable. Neste tempo teñen participado en festivais como o Revoltallo Rock de Valladares ou a Festa da Reconquista de Vigo. Os seus concertos están cheos de enerxía, estribillos potentes e moita (pero mooooita) diversión e humor absurdo.
O grupo está formado por Yago Ray Costas (guitarra e voz), Denis Carballás (guitarra e voz), Pedro Feijoo (baixo e producción), Bruno Costas (guitarra) e Jordi (batería).