Bomba Nuclear

Bomba Nuclear

Biribirlocke

Somos Biribirlocke, empezamos nisto do rock and roll en 2010 e desde entón non paramos un minuto, fervendo notas desde Bugallido, corzos oriúndos do concello de Ames.

Arturo (batería), Raul (guitarra), José Pais (guitarra), Pat (baixo), Andrea (saxo), Benrnal (saxo) e Benja (voz), unha banda cun directo caralludo que goza e o dá todo no escenario. A enerxía que nos define xunto co tipo de música que facemos, non deixa indiferente a ninguén. O noso é facer festa, combinando cordas e ventos nun Rock&Roll Galego moi particular.

A canción que presentamos este ano ao Cantalingua é Bomba Nuclear.