Baleiro

Baleiro

Leticia Rey é unha artista de Vila de Cruces, Pontevedra. Tras moitos anos de formación, decide presentarse ao Concurso de Estudios Mans da Fundación Paideia e gaña. Con ese impulso, decide apostar pola súa carreira musical e marcha a vivir a Coruña onde se rodea de músicos profesionais para editar pouco despois “Lux”, o seu primeiro Lp gravado en directo. Os seus estudos de filoloxía inglesa influencian moito a súa música que compón en 3 idiomas. Na actualidade está a preparar o seu primeiro EP íntegramente en galego.