16 Mar Baila Bruxa Baila no Lameiro
Paty Lesta , actriz e cantante .
Formada en Canto Lírico, Jazz e Música Moderna.
Vocalista principal de numerosas bandas e coros, actualmente éintegrante de varias formacións musicais nas que abarca diferentes estilos musicais dende o Swing, Dixieland ó Soul pasando pola música tradicional galega.
Coma actriz actualmente está xirando coa obra teatral CABARÉ CLIMÁTICO con Luis Iglesia e Cristian Leggiero na que ademáis de actriz é cantante.
No mundo infantil leva 5 anos representando varios proxectos infantis nos que mistura a interpretación coa música.
Na actualidade, atópase de xira con CANTANDO CON PINOCHO, AS AVENTURAS DE JAZZY E BLUSY (Concerto infantil sobre a historia do jazz e do Blues para os rapaces ) e OS RIZOS DE LÍA, contacontos sobre o empoderamento persoal.
Ademáis fai improvisación teatral e é fundadora de Gallaecia Eventos xunto a Cristian Leggiero .