16 Mar Bágoa de meiga
Nicolás Hermida López, Aprendiz, é un artista galego procedente da localidade pontevedresa de Lalín. Nado no ano 2002, medrou nunha casiña pequena do Campo; parroquia das oito que conforman Donsión. A súa era unha casa repleta de nenos; na que sigue vivindo a día de hoxe, e o seu boceto é imprescindible para entender a súa música.
Aínda que empezou a facer rap anos atrás, a súa primeira publicación chega no ano 2019: un sinxelo titulado Líneas torcidas. Na actualidade, amén de numerosos sinxelos, ten publicados un EP de catro temas chamado Invierno, que viu a luz nesa mesma estación do ano 2020, outro de tres cancións chamadoNico, que saiu seis meses máis tarde e un álbum de 12 cortes titulado Aprendizaje, lanzado en 2022.