As lembranzas da lúa

As lembranzas da lúa

As Lembranzas, Merchi, Vanessa e Paula, son músicas cantantes e compositoras, que levan máis de 20 anos de traxectoria no mundo da música. Fillas da emigración, criadas en Xenebra (Suíza), descobren como a nosa música de raíz se asemella a tantas outras músicas do mundo. Están nestre intre inmersas na creación do seu primeiro sinxelo do seu segundo álbume.

Identifícanse no traspaso xeracional da nosa cultura, que recibimos de mans dun país matriarcal. En escena traballan nun formato principal de trío con ampliación de banda. No seu espectáculo fusionan diversos estilos do mundo coa nosa tradición facendo fincapé na polifonía como alusión á musica lusitana. Ofrecen un directo cargado de sentires e harmonías que transporte ao espectador a unha viaxe moi particular.