04 Abr Antón Ke
Músico e cantautor acompañado de ukelele e looper, con anos de experiencia facendo composicións propias en lingua galega, con temáticas a prol da nosa cultura, a defensa do medio ambiente e dos dereitos humanos.
Formo parte dos contacontos musicados “Polo correo do vento” (2016-2020), é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis cativo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das crianzas. Con eles actuei nas pasadas edicións do Salón do Libro de Pontevedra, Festiletras, Festival de Cans, etc.
Tiven o enorme pracer de ser “a banda” do late night gastro- cultural “Hai caldo” emitido na Televisón de Galicia no ano 2020. Por outra banda, colaborei coas miñas composicións nas obras de teatro de “Moitomorro Teatro” (2016- 2017).