
07 Xuñ Animal
Somos Biriribirlocke, cada día uns poucos máis. Empezamos nisto
do rock and roll en 2010 e desde entón non paramos un minuto, fervendo
notas desde Bugallido, corzos oriúndos do concello de Ames.
Héctor Ojea (batería), Raúl G. Doldán (guitarra), Carlos Freire
(baixo), Andrea Pérez (saxo tenor) e Benja Seoane (voz), unha banda
cun directo caralludo que disfruta e o dá todo no escenario. A enerxía que
nos define xunto co tipo de música que facemos, non deixa indiferente a
ninguén. O noso é facer festa, combinando cordas e ventos nun Rock&Roll
Galego moi particular.
Ao longo destos anos levamos a nosa música por diferentes salas e
formamos parte de grandes festivais coma o Castelo Rock (Muros),
Festival Folk-Rock as Portelas (Lubián), Festigal (Santiago), Rockin’ Vila
(Vilanova de Arousa), Festival da Chaira (Lugo), Festa Vikinga (Catoira),
Novo Cruceiro Rock (Pontevedra) e Ponte Louco (Castro Caldelas) entre
eles, demostrando o noso bo facer enriba do escenario e triunfando en
todos e cantos palcos pisamos durante este tempo.
Tivemos o pracer de compartir táboas con grandes grupos do panorama
como Heredeiros da Crus, El Drogas, Carlos Nuñez, Kepa Junkera,
Sínkope, Ruxe-Ruxe, Xavier Díaz… No verán de 2014 gañamos o
concurso do Revenidas (Vilaxoán) e fomos finalistas do Concurso de Rock
da Deputación da Coruña no 2015.