Anarkía na gardería

Anarkía na gardería

Punk para nenas? Por que non?! E logo? Que hai máis punk ca unha nena? O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma.

Do it yourself! Faino ti ao teu xeito! Como poidas, como queiras e como che preste! O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente. O punk é berrar, rir, facer pis… e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade. O punk é protestar. Quen non chora mama! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas a chorar, cagar e patexar!

Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!!

Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado ‘Concerto Punkinfantil’. Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos asèctos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas de cativas e cativos.