16 Mar Almorzo de Lola
O comezo da andaina das Elektrofadas ten lugar en 2015. Os nosos concertos están dirixidos ao público infantil, facendo tanto concertos familiares (IKFEM, Museo de Arte Contemporáneo de A Coruña, Auditorio cívico de Teis) como concertos didácticos (CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Ramón y Cajal, CEIP Vicente Risco, CEIP Divino Salvador, EEI Monte da Guía).
As Elektrofadas, co seu espectáculo“Emocións Cativas”, viaxan a través da música por distintas emocións, utilizando como fío conductor a Árbore das Emocións.
Os nenos e nenas disfrutarán da música á vez que experimentan sobre as súas emocións, aprendendo a identificalas e xestionalas.