27 Feb Akrotiri
Cando chega algo novo, sempre está ben ler o manual de instrucións: Colla ao Springsteen galego ou póñalle unha guitarra eléctrica ao Suso Vaamonde. Xúnteo co guitarrista de Bon Jovi e os maquinillos dun tipo sacado dos Prodigy. Engada xenerosamente bases e arranxos elaborados artesanalmente polo Xaponés Carmiña, músico total onde os haxa. O resultado é o novo proxecto de Roberto Sobrado grupo, Electro-Tras-Nós: Euxenio dá un paso á fronte e colle a guitarra solista mentres manexa ao Xaponés Carmiña na sombra; Nuno cambia o baixo pola controladora midi e o ordenador e Roberto segue ao seu, incombustible e mutante, facendo temas novos, reformulando algúns doutros proxectos e montando covers que dean máis sentido ao melting-pot no que anda metido. Os Proletarios do Rock & Roll morreron! Vivan os Electro-Tras-Nós!