A todo xoguei

A todo xoguei

Música Miúda é unha banda de música infantil e contacontos en galego creada por Irene Quinteiro e Miguel Alonso no ano 2019. A elxs uniuse máis tarde Óscar Martínez (percusións, guitarra e voz).

Nas súas cancións fan especial fincapé na igualdade de xénero e no feminismo (de feito, o seu primeiro libro-disco, editado por Galaxia en 2022 chámase “Cambia o conto”) e, en directo, buscan a interacción co público miúdo.

Durante estes últmos anos percorreron Galiza cos seus espectáculos “Historias de Bemol Pequeno”, “Cambia o conto” e “Música Miúda en concerto”).

O ano pasado, Irene publicou tamén “Xiana e a meiga Xela” (Belagua), o seu primeiro conto, ilustrado por Dani Barbazán, cunha canción inédita da banda. Nas súas letras atoparás personaxes como Antía Carapuchiña ou o dinosauro Pepón e sempre,
sempre moita festa!