16 Mar A Pieira
Iseo Agilda, cantante e compositora en bandas como Sacha na Horta, Blues do País ou Måi e narradora oral encarna o rol da Moura, un ser mítico, místico e lendario que, a través da súa voz e as súas músicas, conecta o mundo da xente co mundo dos seres máxicos. Mitoloxía, natureza e retranca trenzan os fíos de ouro cos que tece o seu novo disco e espectáculo MUMAXICA S.L. (Mantemento de Umbrais, Marcos Ancestrais, Xanelas Interdimensionais e Covas Arcanas Suciedade Limitada).