A lingua non para

A lingua non para

Paco Nogueiras é un músico convertido a actor e un actor convertido en músico. Percorre o país con diversos espectáculos nos que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos. Visitando escolas, bibliotecas, auditorios, rúas, prazas, vilas, aldeas…. Viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas! Os diferentes rexistros de Paco Nogueiras convírteno nun ser de espectáculo “todoterreno” capaz de afrontar retos de todo tipo.