A fala

A fala

Anxo Blas

O primeiro concerto foi no 2003 o 28 de Marzo na Fundación Granell en Santiago de Compostela. O 9 de Febreiro do 2004 gravo a maqueta Saberis nos estudios da Radio Galega e baixo o control de Pablo Barreiro. O 15 de Marzo do 2005 gravo a segunda maqueta baixo a dirección de P. Copin. A finais do 2009 aparece o disco Euque gravado nos estudios da Casa de Tolos.

No 2018 sae o meu último disco Vivimos en Vigo, ao que pertence a canción que presento ao Cantalingua, A Fala. Nesta canción está a voz propia de Manuel María e a fantástica zanfona de Anxo Pintos.

Son un ourensán que vive en Vigo. Prefiro ser paragüeiro trobador, porque conto mentiras que falan de verdades e verdades que parece mentira que sexan certas. Como os bos paragüeiros de antano, aprendo de todos os lugares por onde ando, de todas as conversas, de todas as experiencias que me ofrece a vida para facer cancións con crítica, con retranca, musicando poemas.

Tamén teño musicalizado a Celso Emilio Ferreiro, Lois Pereiro, Quico Valeiras e a Rosalía de Castro.

Poesía e música son pólas da mesma arte que florecen no escenario.