A Cantareira

A Cantareira

A Sombra dos Soños  publica o seu disco I en Maio do 2023. O álbum está formado por catorce pezas que se moven entre diferentes estilos de rock e metal con influencias variadas que abranguen dende o rock setenteiro ata o folk galego, pasando por momentos máis progresivos e outros máis acústicos.

Os textos son predominantemente intimistas, explorando a alma humana desde diferentes puntos de vista e poñendo os personaxes de cada canción en diferentes situacións co obxectivo de entender e analizar un mundo que case nunca é sinxelo de comprender.

En Abril do 2024 a banda decide publicar o sinxelo Muiñeira do Areal, unha versión metaleira da popular muiñeira, continuando con dous sinxelos máis no mesmo ano A Cantareira e Ti es Vida.