A Cantareira

A Cantareira

A Sombra dos Soños é un proxecto de rock en galego formado por músicos que xa compartiran escenario noutros proxectos como Réquiem ou Khitara.

A banda transita entre diferentes estilos de rock e metal, con influencias que abranguen desde o rock setenteiro ata a música tradicional galega, pasando por momentos de sonoridades máis progresivas e outros de carácter acústico.
En 2022 gravaron o seu primeiro disco, titulado “I”, nos estudos Disquesí, publicado en maio de 2023.

Ao longo do 2024 e 2025, o grupo os sinxelos “Muiñeira do Areal” (unha versión metal dunha das muiñeiras máis populares do repertorio galego), “A Cantareira” (unha peza orixinal na que se mesturan voces tradicionais co metal), “Ti es vida” (peza orixinal con inspiración folk) e Muiñeira dos Soños (peza orixinal).