15 Mar Rosa ou azul
Susana estudou música e canto en Estudio Escola de Música, entre outros cursos de formación musical e teatral. Múltiples concertos (locais, Igaem, Xunta ou Diputación), colaboracións vocais noutros discos, finalista en dous concursos de composición, e cantactrizna obra O Libro da Selva, interpretando un personaxe principal e outros secundarios.
Dende hai uns anos traballa no seu propio proxecto en solitario. O seu primeiro traballo discográfico LET’S MAKE A CHANGE foi gravado no estudio Casa de Tolos e composto de 10 cancións de estilo blues-funk soul-pop. A temática elixida abarca dende o amor máis convencional ata a crítica ás duras consecuencias do sistema capitalista, a xenofobia ou o respecto ao medio ambiente. Todo en melodías pegadizas e ritmos bailables.
Os videoclips “The house of mirth”, “Don’t ever leave me alone” e “Take care of your soul”foron virais nas redes. Este disco foi un dos proxectos seleccionados pola Fundación SGAE a nivel nacional para a concesión dunha subvención en concepto de publicación e edición de discos. Ademais, foi elixido para formar parte das festas da Ascensión na capital compostelá, dentro da plataforma Compostela é música! 2017.
Susana foi gañadora do concurso de composición “Canción do Nadal 2018” por “O SINAL” (canción pola xustiza e a igualdade), que convoca CRTVG tódolos anos, para elixir unha canción cuxa sintonía ameniza os intermedios dos programas.
Agora, o seu segundo disco UNIVERSAL LOVE. De novo, temas compostos na mesma tónica americana de soul-funk-pop, onda moi americana de novo, pero con nosas linguas tamén como instrumento de chegada ao público masivo, estos estilos lévannos a miúdo ós anos 80-90. Acompañada de grandes músicos como Diego Pacheco, guitarra, ou Segundo Grandío, baixo, Paulo Borges, piano e Alicia Grandío, batería.