Correlingua | O premio do concurso de video vai para Cangas do Morrazo!
17690
post-template-default,single,single-post,postid-17690,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2015,body_videos,body_o-premio-do-concurso-de-video-vai-para-cangas-do-morrazo,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

O premio do concurso de video vai para Cangas do Morrazo!

O premio do concurso de video vai para Cangas do Morrazo!

Nestes días, o xurado do concurso de videos do Correlingua estivo analizando cal sería a proposta gañadora. Logo de pensalo, decidiron que este ano a presentada polo CPR Sagrada Familia de Aldán merecía o primeiro premio!

Como din no video, “o galego é de todos” e por iso a nosa lingua se vai creando entre toda a sociedade galega a partir deses pequenos trazos que nos fan singulares dentro do mundo: denominacións propias dunha zona dialectal, producións musicais e culturais propias, maneiras de ser e desenvolverse na vida e, sobretodo, esa pretensión que temos as persoas deste pobo de demostrar ao resto que o galego é unha lingua da que estamos orgullosas e orgullosos.

Ao igual que o alumnado gañador do Manifesto 2015 -do CPI de Pontecesures-, as rapazas e rapaces de Cangas do Morrazo desfrutarán dunha fin de semana nas terras de Outeiro de Rei! Obradoiros, visitas e lecer serán tres dos piares desta viaxe!

O dito, desde a organización do Correlingua, moitos parabéns aos gañadores pero tamén a todos aqueles centros que cada ano amosan as súas magníficas creacións!

Se queredes ver o video, calcade no enlace.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros