Correlingua | Quen somos
17457
page-template-default,page,page-id-17457,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_quen-somos,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Quen somos

Que é o Correlingua?

Desde a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración das deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo e os concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Ourense, Pontevedra, Vigo e Lugo, entre outros, vimos organizando unha actividade de carácter nacional que transita dunha a outra localidade cun denominador común que é a dinamización lingüística da mocidade e a infancia.

CORRELINGUA, denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país, é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e á infancia e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

O Correlingua, que xa vai pola súa décimo oitava edición, alcanzou ao longo destes anos unha alta participación dos centros de ensino e do alumnado, así como o apoio de persoeiros e organizacións de todo tipo.

Por que naceu o Correlingua?

O interese que ten a dinamización lingüística entre a mocidade é evidente se temos en conta a importante perda de falantes que se está a producir entre a poboación máis nova, situación que confirman os diversos estudos que se teñen realizado, e recentemente os datos recollidos e analizados polo IGE no 2013. É preciso, xa que logo, chamar a atención de todas as instancias político-sociais a respecto da necesidade de intervir de maneira efectiva no mantemento e difusión do idioma e facelo, pola súa vez, coa participación activa dos propios destinatarios: a mocidade e a infancia.

De cara a esta nova edición que agora se presenta, establécense máis elementos comúns que se explican a seguir, deixando asemade a cada comarca ou localidade a posibilidade de ampliar a oferta de actividades en función dos recursos dispoñíbeis. Isto mellora os aspectos organizativos e dá maior difusión á mensaxe sen que se perda a iniciativa propia de cada lugar para facer conxuntamente unha verdadeira Correlingua nacional.

De cara a esta nova edición que agora se presenta, establécense máis elementos comúns que se explican a seguir, deixando asemade a cada comarca ou localidade a posibilidade de ampliar a oferta de actividades en función dos recursos dispoñíbeis. Isto vai mellorar os aspectos organizativos e dar maior difusión á mensaxe sen que se perda a iniciativa propia de cada lugar para facer conxuntamente unha verdadeira Correlingua nacional.

Obxectivos

  • Propiciar a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións en prol dela.
  • Sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil e moza, da importancia da defensa da lingua.
  • Asociar a reflexión lingüística a actividades colectivas, lúdicas e amenas e interdisciplinares.
  • Contribuír a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos e implicar as xeracións máis novas no cumprimento deste obxectivo.

Destinatarios/as

A maioría das carreiras están orientadas principalmente ao alumnado dos centros de ensino secundaria, aínda que tamén propoñemos actividades específicas para as nenas e nenos de primaria e infantil. A través de fórmulas de colaboración varias, participan tamén entidades asociativas e ámbitos diversos. Coa difusión en medios de comunicación e coas propias actividades difúndense tamén mensaxes de defensa e promoción do idioma na sociedade en xeral.

Actividades

A nosa intención é que esta actividade non sexa só un acto puntual que coincide coa celebración do Día das Letras Galegas, senón unha actividade extensa no tempo que serve de pretexto para a dinamización lingüística nos centros de ensino. De aí a importancia que lle concedemos á elaboración de material e á proposta de actividades que se inicien co curso e culminen na carreira datada en maio.

Despois do traballo realizado en edicións anteriores os centros contan hoxe xa con material elaborado especificamente para esta actividade:

Concursos escolares

Hai tres modalidades: elaboración do manifesto, dirixido ao alumnado de Secundaria, banda deseñada, dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria, e vídeo. O concurso de vídeo subdivídese este ano en dúas categorías: infantil e primaria por unha banda e ESO e Bacharelato por outra, atendendo así unha demanda de equidade nas oportunidades do alumnado miúdo.

No inicio do curso, convócanse os concursos entre todos os centros escolares que desexaron participar. A convocatoria destes concursos ten o obxectivo de oferecer aos centros actividades preparatorias que permiten a reflexión sobre o idioma e serven de preparación para a participación na recta final do Correlingua.

Os premios dos concursos son dúas viaxes, unha de dous días para o alumnado de secundaria e bacharelato e outra de un día para o alumnado de primaria. Nelas, o alumnado dos distintos centros gañadores convive en galego ao tempo que coñece o medio natural e cultural galego. Ademais, aos premiados fáiselle entrega dun diploma acreditativo nun acto público.

Carreira

Arredor do Día das Letras ten lugar o acto central de Correlingua, unha carreira non competitiva que percorre doce localidades. Cada localidade escollerá unha ou varias persoas do ámbito artístico, cultural, deportivo,… que destaquen no uso e defensa do noso idioma, para ser portadora do testemuño e que lerá o manifesto gañador do concurso escolar.

Festa final

Ao rematar a carreira ten lugar un acto festivo coa presenza de todas as organizacións convocantes e participantes, con actuacións musicais, teatrais e a participación directa do alumnado.

Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros