Xa temos presentadores do Correlingua 2016!

Xa temos presentadores do Correlingua 2016!

O grupo Talía Teatro será o encargado de amenizar as festas finais do Correlingua!

Estamos moi ledas de informar que este ano contaremos con Talía Teatro para presentar as diferentes festas finais do Correlingua. Proxecto con máis de 25 anos de traxectoria teatral, e máis de 36 montaxes feitas, é unha das compañías máis recoñecidas en Galiza pola calidade da súa produción e a capacidade para introducir no panorama da dramaturxia un proxecto netamente galego, no que a cultura e características do noso pobo son un elemento central.

Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez serán as persoas encargadas de facer que as diferentes vilas e cidades galegas fagan explícito o seu orgullo de desenvolverse na súa lingua, en galego. Unha importante encomenda que estamos seguras que cumprirán sen ningún problema.

Para as festas finais da Coruña, A Estrada e Monforte de Lemos, contaremos con Sés, Xurxo Souto e o grupo O Trícole!