Correlingua | PRESENTACIÓN E ENTREGA DE PREMIOS DO CORRELINGUA 2018 EN PONTEVEDRA
20147
post-template-default,single,single-post,postid-20147,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2018,body_noticias,body_presentacion-e-entrega-de-premios-do-correlingua-2018-en-pontevedra,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

PRESENTACIÓN E ENTREGA DE PREMIOS DO CORRELINGUA 2018 EN PONTEVEDRA

PRESENTACIÓN E ENTREGA DE PREMIOS DO CORRELINGUA 2018 EN PONTEVEDRA

O Correlingua presentou hoxe a súa 18 edición no Teatro Principal de Pontevedra. No mesmo acto, fíxose entrega dos premios dos concursos escolares que o Correlingua organizou ao longo do curso.

Pontevedra, 17 de abril.

A presentación do Correlingua 2018, a lingua non para, carreira pola lingua programada para o alumnado de todos os ciclos educativos, celebrouse hoxe no Teatro Principal de Pontevedra. O Correlingua percorrerá o país do 2 ao 16 de maio desde Bueu ata Vigo pasando pola Estrada, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Lugo, Mondoñedo, Tomiño, Ourense, Monforte de Lemos e Ferrol.

No acto de presentación interviron Anxo Terán, presidente do Correlingua, que se referiu ao alumnado premiado como “portadoras do noso maior tesouro, a lingua”, e tamén os representantes das entidades organizadoras do Correlingua (A Mesa, CIG-Ensino e ASP-PG). Mónica Pazos, secretaria xeral da Mesa Pola Normalización Lingüística, deulle os parabéns ao profesorado e alumnado gañador dos premios e sinalou que iniciativas coma o Correlingua son necesarias para unha normalización lingüística que aínda non está acadada. Pola súa banda, Suso Bermello, secretario nacional da CIG-Ensino, lamentou a situación actual que está a sufrir o galego no ensino e na sociedade en xeral e instou á Consellaría de Educación a un cambio de rumbo inmediato “para non seguir sendo cómplice necesario da súa desfeita”. Pechou as intervencións das entidades organizadoras Xoán Costa, presidente da AS-PG, que, seguindo coa metáfora iniciada por Anxo Terán, convidou os premiados a repartir o tesouro da lingua entre a sociedade.

Por parte das principais entidades colaboradoras acudiron ao acto Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, que deu os parabéns ao Correlingua no seu 18 aniversario e animou á participación en todas as actividades a prol da normalización lingüística do país, e Xosé Leal, deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, que definiu o galego como unha lingua moderna, que nos distingue, nos achega valor e que non debe parar de ouvirse nas rúas.

Entrega de premios

Despois destas intervencións amosáronse as propostas gañadoras dos concursos do Correlingua 2018 e entregáronse os premios. Os grupos gañadores foron os seguintes:

Vídeo de primaria e infantil: alumnado de 5ºA do CEIP Ramón Cabanillas (Santiago de Compostela).

Vídeo de secundaria e bacharelato: alumnado da ESO do CPR Seminario Menor A Inmaculada de Ourense.

Manifesto: alumnado de 3ºC do IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela)

Banda deseñada: alumnado de 5ºB do CEIP Albeiros de Lugo

 

 

 

 



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros