Correlingua | O galego é a fórmula, lema para o Correlingua 2019
27000
post-template-default,single,single-post,postid-27000,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2018,body_edicion-2019,body_noticias,body_o-galego-e-a-formula-lema-para-o-correlingua-2019,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

O galego é a fórmula, lema para o Correlingua 2019

O galego é a fórmula, lema para o Correlingua 2019

O Correlingua 2019 bota a andar e faino co lema o galego é a fórmula.

O galego é a fórmula será o lema da 19 edición do Correlingua. Desde a organización do Correlingua queremos centrar a atención na necesidade de que o galego estea presente en todas as materias do ensino, tamén nas do ámbito científico. Desta idea nace o galego é a fórmula, lema no que se inspirarán todas as accións do Correlingua 2019.

Nesta edición contaremos, máis un ano, con concursos para todos os niveis do ensino, como son o de manifesto, o de vídeo e o de banda deseñada. Nas 12 festas finais programadas para maio tamén terán lugar os concursos de animación, nos que o alumnado participa todos os anos con proxectos elaborados arredor do lema da edición.

Como novidade, para o Correlingua 2019 abrimos unha páxina na rede social Insagram na que toda a comunidade educativa poderá ver os contidos gráficos e novas do Correlingua, así como compartir os seus contidos baseados no lema o galego é a fórmula. O obxectivo é que a mensaxe normalizadora do Correlingua chegue ao maior número de persoas posíbel.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros