Correlingua | O Correlingua presentou a edición 2017 e fixo entrega dos premios nas súas tres categorías
17601
post-template-default,single,single-post,postid-17601,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2017,body_noticias,body_o-correlingua-presentou-a-edicion-2017-e-fixo-entrega-dos-premios-nas-suas-tres-categorias,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

O Correlingua presentou a edición 2017 e fixo entrega dos premios nas súas tres categorías

O Correlingua presentou a edición 2017 e fixo entrega dos premios nas súas tres categorías

O lema desta edición: “En galego, sen cancelas”

Entregáronse onte, martes 18 de abril, os premios Correlingua na Deputación da Coruña. Á entrega acudiu o alumnado gañador das tres categorías composto por alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Os gañadores foron:

  • Certame Banda Deseñada: alumnado de 3 e 4 anos do CEIP Manuel Luís Acuña de Ourense
  • Certame de Vídeo: alumnado de todos os niveis do CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal
  • Certame Manifesto: alumnado de 4º da ESO do CPI Afonso VII Caldas de Reis

O Correlingua é unha actividade escolar, lúdica e reivindicativa que dura un curso e na que participan miles de alumnos e alumnas que son os verdadeiros protagonistas da actividade reflexionando sobre a situación do idioma e levando as súas reflexións á banda deseñada, o vídeo ou o manifesto que será lido nas doce localidades en que se celebrarán as festas finais. Este ano ten como lema “en galego, sen cancelas”.
O Correlingua iníciase no primeiro trimestre coa convocatoria dos concursos por medio dos cales o alumnado reflexiona sobre a situación do noso idioma e crea os seus propios argumentos (manifesto, vídeo, banda deseñada) para defender o seu dereito a vivir e medrar en galego. Finalmente, no terceiro trimestre e no mes de maio, celébranse as carreiras pola lingua que percorren todo o país, sacando á rúa esta mensaxe en prol do idioma.

Correlingua é a maior actividade normalizadora, en canto a duración, extensión e persoas involucradas que se realiza no noso país. De feito, o pasado ano 2016 recibiu o premio Rosalía Castro a iniciativas normalizadoras.

A importancia de contarmos con actividades coma o Correlingua que teñan por obxectivo a normalización plena da nosa lingua segue a ser unha necesidade a día de hoxe, como sinalaron as tres entidades organizadoras CIG-Ensino, A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

O Correlingua comeza o día 2 de maio e até o pasará por: Monforte, Ourense , Lugo, A Coruña, Santiago de Compostela, Moaña, Viveiro, Pontevedra, Vigo, Ferrol, Tui e A Estrada.

As festas finais contarán, por tanto, coa lectura do manifesto gañador, e a actuación dun dos grupos gañadores do Cantalingua, concurso de grupos de música. Este ano as festas serán presentadas e conducidas polo músico Luís  “O Caruncho” e a actriz Isabel Risco.

O Correlingua conta coa colaboración de diversas institucións que axudan a que a actividade poida levarse a cabo. Os concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Santiago, Ferrol e A Coruña, Teo, Carballo e San Sadurniño; e as Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra.

No acto de presentación interviñeron representantes das tres entidades organizadoras: a CIG-Ensino, a Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG). Durante o evento interviñeron o secretario da CIG-Ensino, Anxo Louzao; o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira; o presidente da AS-PG, Xoán Costa; o deputado de Innovación e Deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera; o deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

 



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros