Correlingua | O CEIP Ramón Cabanillas e o CPR Seminario Menor A Inmaculada gañan o concurso de vídeo do Correlingua
20142
post-template-default,single,single-post,postid-20142,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2018,body_noticias,body_videos,body_o-ceip-ramon-cabanillas-e-o-cpr-seminario-menor-a-inmaculada-ganan-o-concurso-de-video-do-correlingua,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

O CEIP Ramón Cabanillas e o CPR Seminario Menor A Inmaculada gañan o concurso de vídeo do Correlingua

O CEIP Ramón Cabanillas e o CPR Seminario Menor A Inmaculada gañan o concurso de vídeo do Correlingua

O concurso de vídeo do Correlingua 2018, a lingua non para!, xa ten gañadores nas súas dúas categorías.

Este ano os premiados son, na categoría de infantil e primaria, as nenas e nenos de 5ºA do CEIP Ramón Cabanillas de Compostela que presentaron a súa proposta baixo o alcume Moucho e, na categoría de educación secundaria e bacharelato, os mozos do CPR Seminario Menor A Inmaculada de Ourense, co alcume Bolboreta.

O alumnado do CEIP Ramón Cabanillas gozou do seu premio a semana pasada xunto cos gañadores do concurso de BD, as nenas e nenos do CEIP Albeiros. Os dous grupos pasaron un día en Outeiro de Rei, onde coñeceron a Casa-Museo Manuel María e ademais tiveron, na mesma casa, un concerto programado para eles de Paco Nogueiras co seu novo espectáculo Radio BULEBULE.

Pola súa banda, os gañadores do concurso de vídeo na categoría de secundaria e bacharelato gozarán dunha estadía de dous días na contorna do Eume, onde, entre outras actividades, visitarán o Museo Etnográfico da Capela e farán un roteiro polas Fragas do Eume. Os rapaces do CPR Seminario Menor A Inmaculada de Ourense compartirán esta estadía co alumnado gañador do concurso de elaboración do manifesto do IES Antón Fraguas (Compostela).

 

Desde a organización do Correlingua queremos darllelos os parabéns ás compoñentes dos grupos Moucho e Bolboreta e agradecerlle a todo o profesorado e alumnado que nos enviou as súas propostas  a súa participación nos concursos do Correlingua 2018. O traballo de todas e todos vós amósanos que a lingua non para no ensino. Esperamos as vosas propostas para o ano que vén!



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros