O ALUMNADO DO CPI CABO DA AREA DE LAXE GAÑA O CONCURSO DE BD

O ALUMNADO DO CPI CABO DA AREA DE LAXE GAÑA O CONCURSO DE BD

As nenas e nenos de 5º de primaria do CPI Cabo da Area gañaron o concurso de BD do Correlingua 2019 cunha proposta titulada Gallaecia.

Como premio tanto as alumnas e alumnos do CPI Cabo da Area coma os que resulten gañadores do concurso de vídeo de infantil e primaria pasarán un día na provincia de Pontevedra. Pola mañá estarán no PAAR de Campo Lameiro, onde visitarán o parque e terán un obradoiro adaptado á súa idade. Logo, pola tarde, en Pontevedra, Cris de Caldas encargarase de contarlles uns contos ben xeitosos para pechar a xornada.

Desde a organización do Correlingua queremos agradecerlle a súa participación a todos os grupos de alumnas/os e mestras/es que traballaron co noso lema e nos enviaron as propostas. Todas elas demostran que o galego é a fórmula! Esperámosvos o ano que vén!

Podes ver a BD gañadora en BD 2019: Gallaecia