O 26 de abril coñeceremos aos grupos gañadores

Cantalingua

O 26 de abril coñeceremos aos grupos gañadores

CantalinguaEste ano o Cantalingua quere darlle o protagonismo ás mozas e mozos dos centros escolares e o xurado estará integrado por algunhas alumnas e alumnos do IES de Arzúa e algúns dos seus mestres que tamén coordinarán as votacións xunto a responsábeis do Correlingua. Terán uns días para escoitar todos os temas e o 26 de abril coñeceremos aos grupos gañadores. Cada rapaz e mestre que forme parte do xurado poderá votar os tres temas que máis lle gusten.
  • 3 puntos para o primeiro
  • 2 puntos para o segundo
  • 1 punto para o terceiro

O tema máis valorado na rede levará un punto de vantaxe sobre todos os demais.

Como vedes este ano o peso do voto por internet non ten case valor. Serán os rapaces e rapazas xunto cos seus mestres quen escollan o tema do Cantalingua.

Grazas a todos os grupos por participar e ata o ano que ven¡¡¡¡