Correlingua | Correlingua 2012: Galego, todo o que buscas
17779
post-template-default,single,single-post,postid-17779,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2012,body_noticias,body_correlingua-2012-galego-todo-o-que-buscas,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Correlingua 2012: Galego, todo o que buscas

Correlingua 2012: Galego, todo o que buscas

Xa está en marcha o Correlingua 2012!

Festas finais

Espectáculos para todas as idades, música galega co galeoke, e os grupos gañadores do cantalingua farán, coa nosa lingua como centro da festa, o Correlingua máis divertido.

Concursos

Concurso de video

Por que falar galego? explicádenolo nun vídeo cunha duración máxima de tres minutos en calquera formato. Estes videos serán colgados na páxina web do Correlingua e en diferentes redes sociais (facebook, tuenti, twiter…).

Os videos finalistas serán proxectados no acto de presentación do Correlingua, e haberá premio para o grupo gañador. Podedes enviar os videos a correlingua@gmail.com até o 1 de abril.

Cantalingua

Volve o concurso musical do Correlingua. Obxectivo atopar os mellores grupos para actuar nas festas finais do Correlingua. Anímadevos a participar!

 

 

Cliquea na imaxe para descargares ou ouvires as cancións a concurso. Segue os grupos participantes na páxina www.cantalingua.org

Galeoke

Así falan os autores do vídeoxogo que está a revolucionar Galiza, o primeiro no mundo das súas características feito nunha lingua minorizada:

Galiza é un país de artistas, iso é así. Non hai sobremesa, romaría ou festa de colegas que non remate a entoar algún dos grandes éxitos da nosa música popular.Que é o que faltaba? Facer diso un xogo. E nós non inventamos nada, claro que non, pero démonos de conta (como todas e todos vós) de que coas ferramentas xa existentes non nos identificabamos en absoluto.

Mais se nen sequera lle sabemos pronunciar ben o nome! E de aí saiu a idea do Galeoke, da necesidade de encher un deses moitos ocos que aínda ten a nosa lingua.

A diversión a través da música está garantida con este videoxogo integramente en galego.

O Correlingua promove un concurso de karaoke utilizando a última novidade tecnolóxica en galego.

Nas festas finais do Correlingua de cada comarca poderán participar as mellores galeokeiras e galeokeiras!

Ao longo do curso iremos enviando máis información das novidades que iremos incorporando ao Correlingua 2012.

Lembra a conveniencia de se aprobar a participación do teu centro no Correlingua no Consello Escolar.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros