Correlingua | Continúa o percorrido do Correlingua por toda Galiza baixo o lema Galego, chave do mundo
17733
post-template-default,single,single-post,postid-17733,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2013,body_noticias,body_continua-o-percorrido-do-correlingua-por-toda-galiza-baixo-o-lema-galego-chave-do-mundo,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Continúa o percorrido do Correlingua por toda Galiza baixo o lema Galego, chave do mundo

Continúa o percorrido do Correlingua por toda Galiza baixo o lema Galego, chave do mundo

A edición 2013 do Correlingua -carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos- rematará o xoves 16 de maio en Mondoñedo despois de pasar polas localidades de  Ourense, Lugo, Pontevedra, Monforte, Silleda, Bueu, O Rosal, Ferrol, A Coruña, Santiago.

No Rosal o alumnado foi recebido polo campión olímpico de decatlón David Gómez e na Coruña polo adestrador do Deportivo da Coruña Fernando Vázquez. En Santiago participaron tamén o Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao e Paulo Filgueiras da Mesa pola Normalización Lingüística que animaron ao alumnado asistente a usar o galego en todos os ámbitos da súa vida.

O Correlingua está a contar nas súas festas finais coa participación do actor Pepe Penabade interpretando ao afiador Rodesindo da Barrosa, e dos grupos Monoulious Dop, Balbina e Lydia Botana gañadores do concurso musical Cantalingua. Ademais en lugares como Bueu e Ferrol o alumnado puido gozar das actuacións de Luís Prego e Mago Martín Camiña.

O Correlingua está organizado pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Mesa pola Normalización Lingüística e os Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros