Correlingua | Con todos vós, Xurxo Souto!
17699
post-template-default,single,single-post,postid-17699,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2015,body_noticias,body_con-todos-vos-xurxo-souto,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Con todos vós, Xurxo Souto!

Con todos vós, Xurxo Souto!

Na 15ª edición do Correlingua, queremos contar cunha persoa que estivo axudando neste proxecto desde o mesmo comezo. Escritor, artista, músico…este ano temos con nós como presentador a Xurxo Souto!

Estivemos falando con el e isto é o que nos contou.

Como te sentes volvendo aos palcos do Correlingua logo destes anos? 

No persoal, moi contento, mesmo emocionado. A anterior participación foi un encontro marabilloso -concentrado nas diferentes etapas do Correlingua- con toda a diversidade do noso país.
No colectivo, sinto un grande orgullo ao comprobar tantos anos despois que, a pesar dos atrancos, este proxecto segue a medrar vizoso. E que é precisamente a xente nova a que achega co seu esforzo, talento e creatividade, os maiores argumentos para o futuro da lingua galega.

Na actual situación lingüística, na que a perda de galegofalantes é cada vez máis notábel, que cres que se pode facer? Que alternativas che veñen á cabeza para intentar normalizar o uso do galego?

Aquí vivimos un curioso paradoxo. Como acabo de dicir é precisamente a xente nova á que máis valora, como unha parte fundamental do seu patrimonio, a nosa lingua. Sen embargo, é o sector da poboación que menos a está a utilizar.
Cómpre mudar pois o contexto social co que se encontran rapazas e rapaces conforme se van integrando na vida pública. Eses desleixos, esa preguiza dos adultos que aceptan sen problemas o lento devalar do galego, e  que esqueceron que a normalización da lingua é un traballo cotiá que esixe un esforzo constante no tempo.
A administración autonómica, a radio e a televisión pública foron creadas directamente para darlle pulo e normalidade á lingua. Actualmente tales entidades parece que non lembran que ese é o seu principal papel.
Mentres que o conxunto da sociedade non sexa quen de mudar esas actitudes, cómpre non desanimarse e facer o mellor traballo no eido individual. Xa o dixo Luis Seoane: “queremos facer máis feliz ao mundo coa riqueza da nosa diversidade”.

Xa por último, que lles dirías aos centros de ensino para animalos a participar do Correlingua?

No 2014 celebramos o XX aniversario do Bravú cunha grande exposición en Pontevedra. Un dos paneis levaba este título: “O único xeito de ser cidadán do mundo é principiar por coñecer esa parte do mundo que temos diante do fociño”. Esa é a actitude. A educación é coñecemento do entorno, a educación é tamén compartir. Coñezamos pois e compartamos con alegría esta realidade marabillosa: A lingua galega. Unha herdanza milenaria, agasallo dos nosos avós, o mellor instrumento para construírmos –entre todas, entre todos- un futuro xuntos.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros