Correlingua | Xa temos a proposta gañadora do concurso de Manifesto!
17694
post-template-default,single,single-post,postid-17694,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2015,body_manifesto,body_xa-temos-a-proposta-ganadora-do-concurso-de-manifesto,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Xa temos a proposta gañadora do concurso de Manifesto!

Xa temos a proposta gañadora do concurso de Manifesto!

Esta semana, o xurado do Correlingua decidiu que a proposta gañadora do concurso de Manifesto 2015 fora… o alumnado de 4º da ESO do CPI de Pontecesures!

Moitos parabéns por saber captar tan ben a idea deste ano. Agora a vosa proposta andará por toda Galiza nas bocas de compañeiras e compañeiros que a interpreten. Tamén moitas grazas a todas aquelas rapazas e rapaces, profesoras e profesores que fan posíbel este concurso e que cren que pode estar ben reflexionar sobre a situación do galego. Que confiedes nestes proxectos que se propoñen para o curso escolar como unha actividade máis nas vosas aulas é un pracer!

Os premios pronto estarán preparados, só vos adiantamos que vos espera unha fin de semana moi productiva!

Se queredes podedes ver o Manifesto gañador aquí.

 



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros