Correlingua | Os Golgorotos de 4º da ESO do IES A Pinguela de Monforte, grupo gañador do concurso de manifesto do Correlingua 2013
17755
post-template-default,single,single-post,postid-17755,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2013,body_manifesto,body_os-golgorotos-de-4o-da-eso-do-ies-a-pinguela-de-monforte-grupo-ganador-do-concurso-de-manifesto-do-correlingua-2013,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Os Golgorotos de 4º da ESO do IES A Pinguela de Monforte, grupo gañador do concurso de manifesto do Correlingua 2013

Os Golgorotos de 4º da ESO do IES A Pinguela de Monforte, grupo gañador do concurso de manifesto do Correlingua 2013

O xuri do concurso de manifesto do Correlingua 2013 declarou gañador ao grupo Os Golgorotos de 4º da ESO do IES A Pinguela de Monforte, nun fallo que resultou dificil vista a grande calidade xeral dos traballos presentados e elaborados por grupos de secundaria e bacharelato de diferentes centros do país.

O segundo premio foi para 4º da ESO do IES Pintor Colmeiro de Silleda que se presentaron baixo o pseudónimo Esmorga.

O Correlingua dalle os parabéns aos grupos gañadores que recibirán como premio unha viaxe dentro do Proxecto Terra organizado polo Colexio de Arquitectos de Galiza.

MANIFESTO CORRELINGUA 2013

Os Golgoro

4º da lingua é segura,
O falar non ten cancelas
Unha casa  sempre  aberta
Que todos debemos protexer.
A miña lingua  é  miña nai
É honroso ter unha lingua
Fermosa, digna, que abre portas
Que non ten chaves, que nada pecha,
Ela mesma é a chave do mundo.
A miña fala é o máis importante,
Debo honrala cando a uso
Sentirme orgulloso de tela
Por ser o meu carné de identidade.
O galego é unha lingua con historia,
O galego é unha lingua honorábel,
É unha lingua con pasado, con memoria
Con prestixio e con tradición formidábel.

Do seu pasado glorioso no medievo
Debemos sentirnos en débeda
E propoñernos fortemente devolverlle
a importancia que nunca debeu perder.
Loitemos xuntos por fortalecela
Fagamos visíbel esa chave de ouro
Que nos abre todas as portas do mundo,
E ofreceremoslle un futuro digno.
Soñemos que somos os  dignos fillos
Da nai patria que todo nolo entregou,
Defendamos esta cultura e esta fala
Que coas súas bágoas protexeu
E en herdanza nos legou .
O galego é unha lingua con historia,
O galego é unha lingua honorábel,
É unha lingua con pasado, con memoria
Con prestixio e con tradición formidábel.

Sexamos herdeiros merecentes
Da fala de rosalía, do pobo de pondal
Do progueso de curros, da poesía social
De celso emilio, dos contos de ánxel fole,
Da patria que amou o artista castelao,
Da imaxinación prodixiosa de cunqueiro,
Da nova narrativa galega, do  noso teatro,
E até do códice calixtino….
E doutros mil nomes máis da nosa literatura,
Pero non debemos quedar só aquí,
Os soños poden ser realidade.
Debemos saír das tristes tebras,
Das néboas para poder ver lucir o sol.
O galego é unha lingua con historia,
O galego é unha lingua honorábel,
É unha lingua con pasado, con memoria
Con prestixio e con tradición formidábel.

Propoñamos como bandeira
A defensa da nosa lingua
Poñamos a nosa alma en falala
Que o noso corazón sexa o galego,
Que o brillante azul do noso mar
Sexa o brillo da nosa lingua
Sexamos nós valerosos soldados
Que loitan con pacífica arma
Que leda sae dos  nosos beizos,
Non a deixaremos morrer,
Sempre estaremos á súa beira,
Mesmo coa propia vida gardaremos
A importante chave que  temos .
O galego é unha lingua con historia,
O galego é unha lingua honorábel,
É unha lingua con pasado, con memoria
Con prestixio e con tradición formidábel.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros