Correlingua | IES Porta da Auga (Ribadeo)
17891
post-template-default,single,single-post,postid-17891,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2010,body_manifesto,body_ies-porta-da-auga-ribadeo,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

IES Porta da Auga (Ribadeo)

IES Porta da Auga (Ribadeo)

Somos un grande equipo, o Equipo do Correlingua.

Os que desde A Coruña, Baixo Miño, Ferrol, Vigo, A Mariña, Pontevedra, Lugo, O Salnés, Ourense e Santiago xuntamos as nosas voces para berrar alto e forte:

“Galiza, a forza do noso amor non pode ser inútil”.

 

A nosa proposta é clara, díxonola Manuel Antonio:

A nosa fala é nosa, pospola a calquera outra é unha forma de suicidio

Libraremos a batalla se libres quixermos ser

facéndolle honor ao seu lema, evitando o xenocidio.

 

Feixoo co seu “Decretazo”

pretende facernos memos

vendéndonos trilingüismo

para evitar o galego

 

O xogo non será fácil, os adversarios son traidores,

pero temos xuventude,

somos moitos, somos fortes;

xogamos no noso campo e temos por adestradores

a Pondal, a Rosalía, a Daniel e Airas Nunes.

 

Rompamos as barrreiras,

xa estamos fartos:

Falar queremos galego

como os nosos antepasados

 

Zoa no ar un tempo de represión.

Mais Galiza, non teñas medo, que te imos defender

“Nunca máis” permitiremos que eses verdugos crueis

amordacen a túa lingua, nos repriman por ser fieis.

Formamos un bo equipo disposto a te protexer.

 

A vitoria está cantada, o xogo témolo nós.

Xa toca a “Alba de Gloria” do noso querido Daniel

oxalá que co seu “Ollo de vidro” el nos estea a ver

e poidamos redimilo do seu destino tan cruel.

 

Dabondo nos maltrataron

nos anos da Ditadura

á que pretenden regresarnos

vendéndonos inter-cultura.

 

O inglés, ninguén dubida,

lingua moi útil é,

que sen minguar a nosa propia,

ninguén rexeita aprender

Porque, se de utilidade falamos,

que nos aprendan tamén

como asaltar un banco

sen que nos colla ninguén.

 

Nunca aprenderás a hablar”.

“Hable bien, sea patriota”

“Eso no es un can, que es un perro,

la laverca es una alondra”.

Con esas armas proclamaron a vitoria.

Minguando a nosa estima,

ensumindo a nosa gloria.

 

nó que sen atar nos una

é o nó que nós queremos,

o que nos trouxo hoxe aquí:

A defensa do galego

 

Somos unha xeración

de galegos preparados,

a gramática coñecemos,

da nosa historia sabemos.

Por usar a nosa lingua

quen se atreve a insultarnos?

Se nos deixamos gañar,

non seríamos desleixados?.

 

O correlingua camiña contigo,

Uxío, do Courel a Compostela

polas terras liberadas,

esas que vós liberastes

coa arma das vosas palabras.

 

A nosa gran Rosalía xogou no Olimpo moi soa

e por iso foi alcumada como “a pobriña da tola”.

Semente foi dunha estirpe de poetas emprendedoras

que coa súa lingua tecen a arma máis poderosa.

 

Mal de linguas din algúns, os que non queren entender

que a multitude de linguas é en si un grande ben

do que goza a humanidade para chegar a comprender

a complexidade do mundo no que lle tocou nacer.

 

O dito ben dito queda. Xa é a hora da despedida.

Agardamos terche aclarado algunha das túas dúbidas

para que a partir de hoxe na casa, cos amigos e amigas

fales galego por sempre, que o galego tamén liga

 

Rematamos esta historia

Berrando ben alto e forte

Para que todos nos oian:

“Galiza, a forza do noso amor non pode ser inútil”

 

Queremos galego na escola!



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros