Correlingua | Grupo de 3º de ESO do C. P. I. de Ponte Carreira (Frades)
17869
post-template-default,single,single-post,postid-17869,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2007,body_manifesto,body_grupo-de-3o-de-eso-do-c-p-i-de-ponte-carreira-frades,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Grupo de 3º de ESO do C. P. I. de Ponte Carreira (Frades)

Grupo de 3º de ESO do C. P. I. de Ponte Carreira (Frades)

Galegando…

Galegando o que?

Galegando…., o galego que só se fala ao pé do lume, vaise a pique!

…a pique tería que ir esta senrazón que desde logo che fende o corazón

…e féndeche o corazón cando a Movistar chamas a Orange ou Vodafone e, por non entenderte, nin piden perdón….

Eu teño que entender, VOSOTROS non, e, do dereito e do revés, ti, galego, un dogal tes.

…nin dereito a ir ao cinema, pagar a entrada, e oír a Brad Pitt na propia lingua ocultada

…sería un pracer, si señor, tamén oír o “x” de xamais, xeo, xunco, xogo… a Scarlett Johansson…

Un pracer que ninguén…merlo, raposo, lobo ou rata debería nos quitar sen unha boa tunda gratis levar!

…que os galegos non precisan espertar, que xa non dormen!

…que o poder nega ao galego o deber de o aprender!

….que despertar deberían aos que lle rouban o sono, moedas voadoras que non hai forma de as cambiar!

….é nós xa sabemos que o galego está no toxo, por xenuíno, flor do reino coa do liño!

Nós sabemos, outros fan que non saben.

Os de Wanadoo, Jazztel, Fenosa non estudaron que Galiza é fermosa, claro que non!, porque

estudaron xeografía sen saber donde estaba Galiza, pero agora deberíano saber xa que hai atlas en galego para ler e aprender!

Só que as grandes empresas están en plan de ironía e sobre Galiza non queren ter sabedoría!

Porque entre o lume e a paixón o galego, nos galegos, vive no seu corazón!

Porque Galiza é a nosa xente, o galego a nosa fala e por moito que nos digan…

…a nós ninguén nos cala…

 

NINGUÉN NOS CALA!

Despertando…

Non deixemos que a
toponimia galega chegue
cun son distorsionado aos
oídos dos letreiros que nos
guían á nosa casa,
esa descoñecida

Que imos ter?
Que imos facer?
A onde imos chegar?
Deixemos de falar!
Temos que espertar!
E cando o fagamos
Que imos ver?
Un país deserto
Un polígono industrial
Unha poza gris de esquecemento
Unha vila fantasmal
así é, así será;
casas desertas, casas baldeiras
que teu avó che deixará
e ti que farás?

Un piso mercarás
que lugar fantasmal,
que as costas destruirá!
unha construtora sen fin
os ladrillos derrúbanse sobre min!
a polución vén por min!
Mais que min? Se me din yo!
Non entendo ese yo!
Que dicían teus avós??

Soñando…

Soñando que?
De seguires así, non soñes,
non cun novo milenio,
que nós non veremos
non sen cambiar o ritmo que marca o diapasón
cara a globalización
tanto quixemos voar
que as nosas ás
deron marcha atrás.
De non cambiares
adeus ríos, adeus fontes,
adeus vida,
Good bye, Galiza
Ti que pensas…?
-Conformáranse os frioleiros
coas borrallas do lume
onde un día lle contaban contos?
– Porque non?
Se nos arrincaron a lingua
sen nos estremecer
por unha idade de xeo non imos morrer.
-Quedaranos aos nostálxicos
o consolo de reencontrar
o canto do silencio
na fonoteca dos sons caídos en desuso?
-Que máis dá
se sexa como sexa
Galiza non chorará, que cantará
aínda que siga ligando
irmáns con escravos
Galegos con regos de sangue
a louvanza coa esperanza
ou gallaecia e callaecia
– Pois que cante os berros que a esganen
que onde vai xa que espertou
da súa longa noite pecha,
e pasadomañá quen sabe se durmirá?
Que as súas reclamacións non só se escoiten,
tamén se inxiran e asimilen,
prestareille eu se cómpre
as miñas cordas vocais
a imaxinación preñada de soños.
Pero unha voz non é un coro
un só soñando non constrúe un soño
máis,todos soñando, ao soño chegaremos,
soña comigo!!!

Os GueZetas



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros