Correlingua | 3ºA IES Díaz Pardo de Sada
17902
post-template-default,single,single-post,postid-17902,single-format-standard,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_edicion-2014,body_manifesto,body_3oa-ies-diaz-pardo-de-sada,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

3ºA IES Díaz Pardo de Sada

3ºA IES Díaz Pardo de Sada

GALEGO, O PASO ADIANTE
E nunca máis un paso atrás, NUNCA MÁIS!!!!

Trazamos un camiño
que arranca esta mañá co Cola-Cao e os cereais.
Bos días en galego, por que non?
Espreguízome con Doraemon, que saca do seu peto máxico o Xabarín Club.
Baixo os chanzos da escaleira, saio da casa co pé dereito, coa mochila e co noso galego.
E xa estou no mundo, no meu  mundo, no teu mundo galego!!

GALEGO,  O PASO ADIANTE
Miraremos atrás só para disfrutar do moito que avanzamos.

Os meus amigos espéranme na rúa,
– EH! Viches que cambiei o meu perfil?
Si, eu dei o paso adiante co galego.
A que esperas ti?
– Quen nos ía dicir que estaría ben  whassapear en galego!. Non si?
– Abofé que si.
GALEGO, O PASO ADIANTE
– Pincha hoxe mesmo no “hashtags”do teu Twitter:
# GALEGO
e verás cantos estamos conectados no mundo.

GALEGO, O PASO ADIANTE
Esta nosa Penélope que  tece e tece no galego
e NUNCA DESTECE.
Paso a paso construímos un mundo novo, o noso mundo, o noso mundo futuro, co noso idioma galego. Somos NÓS os que decidimos onde empregalo,  alí onde vaiamos: no instituto, na vila ou  na cidade, tanto ten: virá con NÓS.
GALEGO, O PASO ADIANTE
Este fío invisible e forte que é a lingua vén ao noso carón alá onde vaiamos; ensinémoslla ao mundo en twiter, en facebook…
poñamos o xermolo en cada faro,en cada deserto,en cada estrada,en cada boca que desperta ao mundo.
GALEGO, O PASO ADIANTE
o paso que damos nós cara ao futuro,
nós, si
nós decidimos  empregar a nosa lingua.

GALEGO, O PASO ADIANTE
Nos camiños do mundo enteiro, haberá un corazón galego que latexará co noso acento: sen pudor, sen vergoña , sen prexuízos que abafen a nosa valentía e a nosa responsabilidade de representar a Galicia.

Porque nos une, porque nos fai máis fortes e porque nos identifica na “tea dos teus soños”  DÍAZ CASTRO.

Os Ameneiros



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros