Correlingua | Lei de regresión
20050
post-template-default,single,single-post,postid-20050,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2018,body_interprete,body_lei-de-regresion,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Lei de regresión

Lei de regresión

Cuarta Xusta

“Berrar con música as inxustizas que nos rodean”. Este é o lema musical do grupo melidense Cuarta Xusta.

Aida (cantante), Marta (guitarra e violín), Alba (baixo), Lúa (batería) e Alberte (guitarra) forman este grupo que iniciou a súa actividade en 2016 versionando temas de diferentes artistas do panorama galego.

Foi no Festival Presume de Galego, nese mesmo ano, cando subiron por primeira vez a un escenario. A partires de entón, Cuarta Xusta comezou a traballar na elaboración de temas propios, sempre escritos en galego, que teñen como base as inquedanzas que afectan á sociedade actual.

Todo este labor vese reflexado no seu primeiro traballo discográfico “Un novo espertar” que xusto acaban de sacar ao mercado. Está composto por oito temas de contido social e reivindicativo no que colaboran coñecidos artistas da escena musical galega como Vituco Neira e Miguel Duarte de Ruxe-Ruxe, Bocixa de Zenzar, Javi Maneiro de Herdeiros da Crus ou Jasper de Nao.

BoaMoi boaExcepcionalAdoro!Debe gañar!
[Puntuación media de 4.57 dun total de 432 votos]


Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros