Correlingua | Algodón de sucre
20096
post-template-default,single,single-post,postid-20096,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2018,body_interprete,body_algodon-de-sucre,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Algodón de sucre

Algodón de sucre

Pito de Pikasso

 

PITO DE PIKASSO están de volta con novo disco despois de catro anos de silencio.

Algodon de Sucre é a historia de Xan… Unha historia de amor e como moitas das historias de amor, é intensa, mais breve… o amor é doce e agradábel, sobre todo para quen o vive. Desde fóra, normalmente é máis ben “empalagoso”.
“Empalagoso” e breve, como ese “Algodón de sucre” que mercamos o día da festa ca paga do avó e que remata pisado no chan no final da noite, porque non hai quen que o de rematado.

Como sairá Xan de todo isto ?¿?

Dende 2004 Pito de Pikasso levando o seu Pun-ró delirante por todolos puntos da xeografía galega, consolidando o largo destes anos un directo divertido e potente que a ninguén deixa indiferente.

Durante estes anos publicarón 1 EP e 4 LPs co que construíron un estilo propio persoal e identificable.

En 2017 estrean o seu novo traballo “Algodón de Sucre”. Un disco conceptual no que acompañaremos a Xan un home sen oficio nin beneficio no que unha casualidade pode facer que a sua vida cambie para mellor… ou non.

Gravado no Laboratorio Soyuz con Hevi (Fluzo, Malandrómeda) nos mandos e a produción, “Algodon de Sucre” presentanos a historia de Xan o largo dos 10 temas nos que conflúen unha variedade de estilos dende o rock ata o pasodoble todo baixo o prisma de Pito de Pikasso.

BoaMoi boaExcepcionalAdoro!Debe gañar!
[Puntuación media de 4.70 dun total de 107 votos]


Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros