Á pota vai

Á pota vai

Güintervan

Güintervan é un grupo que nace coa ilusión de catro persoas, que xa se coñecían anteriormente, de poder tocar na epoca invernal, aínda que logo pasou rapidamente a ser o conxunto no que estes catro músicos centrarían toda a súa enerxía e agarimo para tocar sempre que poidesen.
A banda está formada por Harry Price no violín (Macfeck, Arán) Iván Gulín no contrabaixo e voz ( Macfeck, Caramuxo) Isaac Millán no bouzouki (Quempallou, Macfeck) e Roi Adrio na bateria (Quempallou, Faltriqueira).
Xuntos tratan de personalizar ritmos étnicos que viaxan dende a música dos Balcáns ata a sua propia: a de Galicia, pasando por estilos máis coñecidos como o ska o blues ou o drum&bass. Sempre intentando alegrar e facer bailar a quen veña os seus concertos, Güintervan continua facendo Musica Feliz.
BoaMoi boaExcepcionalAdoro!Debe gañar!
[Puntuación media de 3,50 dun total de 4 votos]