Perdinme no mar

Perdinme no mar

Somos Biribirlocke, unha banda de rock de Bugallido (Ames). A nosa principal característica é a combinación das cordas e ventos, o que crea o son tan característico do grupo. Ademais dun directo cheo de forza que fai erguer a todo aquel que queira festa.

O grupo está composto por Benja (voz), Raúl (guitarra), Torroncho (baixo e coros), Héctor (batería e coros), Roque (trombón), Miguel (trompeta), Martín (saxofón) e Amaro (saxofón).

Estamos a piques de lanzar o noso segundo traballo discográfico, chámase “Tentando a sorte” e está composto por doce temas nos cales se afianza o son da banda, mantendo a forza e enerxía que nos caracteriza.