Correlingua | Berra!
19677
post-template-default,single,single-post,postid-19677,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2017,body_interprete,body_berra,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Berra!

Berra!

“A Compañía do Ruído” é unha banda galega que nace no 2002. Con máis dunha década de historia ás súas costas, conta con seis discos no seu haber. Actualmente está traballando na consecución do proxecto musical “12 meses, 12 punchis”.

“A Compañía do Ruído” está integrada por cinco persoas con diferentes traxectorias musicais que dan vida a unha orixinal mestura de estilos. Música, baile, retranca, divertimento e ritmo son os eixes principais do espectáculo.

Destaca a súa musicalidade á hora de combinar a música, o baile e a instrumentación tradicional galega cos diferentes folkores do mundo. Unha recolleita de elementos de cada cultura, que nos transportará nunha viaxe musical irrepetíbel, partindo desde Galicia con paradas en Irlanda, África, a Península Balcánica e o Centro e Sur de América, entre outros.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros