Correlingua | Regueifa Blues
19981
post-template-default,single,single-post,postid-19981,single-format-audio,qode-news-1.0,qode-quick-links-1.0,body_cantalingua,body_edicion-2016,body_interprete,body_regueifa-blues,ajax_fade,page_not_loaded,,transparent_content,qode-child-theme-ver-1.0.0,qode-theme-ver-13.1.2,qode-theme-bridge,wpb-js-composer js-comp-ver-5.4.5,vc_responsive

Regueifa Blues

Regueifa Blues

Blues do País somos Bieitta James, a grande diva rural, e Pepe King, o bluesmanciño que a acompaña.

Xuntos percorremos prazas e rotondas, surcando a xeografía galega dende hai un ano levando connosco o que sabemos facer : o noso, o da casa, o do País. Chourizos? Tetilla? Non, señora. Blues.

Porque o único que lle faltaba ao Blues era que se entendera. Ou que o entendéramos nós. E para que nos entendan a nós tamén en Missouri, en Nebraska ou en Ribeira de Piquín, aquí vai o Blues en galego.

Si : en galego. Porque si, porque nos gusta e nos peta. E porque ben vale… ou que!

Guitarra, zocos e extra dobre de retranca.

Todo para dar coa coa mariscadora que hai en Etta James, co percebeiro que hai en B.B. King, co furanchólogo que hai en Muddy Waters ou coa taberneira brava que hai en Aretha Franklin.

Collede unha cunca, un Bourbon de Amandi…

…e que vos saiba o Blues do País.



Boletín de novidades

18

anos

200

centros

40000

rapazas e rapaces

2000

quilómetros